- Editorial:
- Kalandraka Editora, S.L.
- Año de edición:
- 2019
- Materia
- Divulgación científica
- ISBN:
- 978-84-16721-50-4
- Páginas:
- 320
- Encuadernación:
- Rústica
VITAMINA N
GUÍA ESENCIAL PARA UNHA VIDA RICA EN NATUREZA
LOUV, RICHARD
As probas indican que as experiencias nos espazos naturais
poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención
con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade,
axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía,
reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes
para a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasa
na natureza tamén pode mellorar a socialización e reducir
a violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade,
reforzar a ética conservacionista
Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía
provocou a aparición do denominado trastorno por déficit
de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución
a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos
o medio natural pola cidade; da comunidade rural pasamos
a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulación
dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituouse
a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internet
nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan
ou ven series de televisión; para eles, a natureza tense reducido
a un estímulo lento.