- Editorial:
- GALAXIA, S.A.
- Año de edición:
- 2020
- Materia
- Narrativa contemporánea
- ISBN:
- 978-84-9151-448-0
- Páginas:
- 368
- Encuadernación:
- Rústica
VIRTUDES (E MISTERIOS)
FRAGA, XESÚS
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2021
Premio Blanco Amor2019
Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaío obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é,sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantasmulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo omundo á procura dun futuro mellor.Xesús Fraga constrúe unhahistoria que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñascoruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segundametade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando unlenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha naie a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitaslecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan ospersonaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunhaavoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nineles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.