- Editorial:
- Kalandraka Editora, S.L.
- Año de edición:
- 2020
- Materia
- Narrativa contemporánea
- ISBN:
- 978-84-16721-64-1
- Páginas:
- 64
- Encuadernación:
- Rústica
MELANCOHOLEMIA
VIDA DE MAMARRACHO
REIXA, ANTON
Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radical entre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidade como actitude vital fronte ao sedante do conformismo xorde «Melancoholemia. Vida de Mamarracho». O protagonista deste sorprendente e descarnado relato é o anfitrión na xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental que, dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético e sen personalidade que percorre lugares (e tempos) insólitos -dende «O Xardín das Delicias» do Bosco ata os restos sumerxidos do submariño ruso Kusk, pasando pola antiga Suevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea: coñecidas marcas comerciais, personaxes de cómic, o fracasado proxecto do mundo virtual Second Life, iconas do patrimonio histórico e cultural galego